Bot de guerras entre comarcas galegas de Twitter.
O código está escrito en Python, usa as librerías Shapely e Pyplot, e precisa de ficheiros SHP cos datos de concellos, parroquias e comarcas do país para funcionar. Estes non os inclúo en Github, mais pódense obter fácilmente en http://mapas.xunta.gal.
Os concellos da Galiza irredenta saqueinos das webs equivalentes das administracións asturiana e castelá-leonesa, aínda que requiren un pouco de manipulación para que todo encaixe ben. Eu usei QGIS.